0123-102442 Contrato indefinido vinculado á liña de investigación

Número de prazas: 3
Tipo de contrato: Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida
Liña de investigación: Xestión Térmica de Vehículos Híbridos Eléctricos.
Xornada: Tempo completo (37,5 h/semana)
Data probable de inicio A partir da resolución da convocatoria deste contrato. Na data que se establezca na mesma.
Categoría laboral Técnico Superior de apoio á investigación modalidade B (Titulación Universitaria Superior)
Duración do contrato Indefinida
Salario bruto mensual 1.750,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo
Referencia RTC2019-006955-4

Contratación de tres persoas con carácter indefinido vinculada á liña de investigación

Traballo a realizar
Participación en tareas experimentais. Deseño de instalacións experimentais, posta a punto, realización de ensaios, tratamento de datos, etc.

Requisitos

  • Título de Grao, Máster o equivalente, nunha enxeñería do ámbito industrial, aeroespacial, enerxía e minas ou física

Méritos a valorar

  • Experiencia Profesional: Traballo desenvolvido no ámbito da enxeñería industrial/mecánica/electrónica (10 puntos)
  • Experiencia Profesional: Traballo desenvolvido no perfil da praza (35 puntos).
  • Formación: Grao en Enxeñería Industrial/Mecatrónica/Electrónica (25 puntos).
  • Formación: Coñecemento en lingua inglesa, cursos, formación relacionada co posto (15 puntos).
  • Entrevista (15 puntos). Só se realizará as persoas que na suma dos méritos obteñan un mínimo de 50 puntos.

Comisión de selección

  • Presidente: María Concepción Paz Penín.
  • Secretario: José Luis Míguez Tabarés.
  • Vogal: Eduardo Suárez Porto.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo . De xeito excepcional para este procedemento, unicamente as persoas estranxeiras extracomunitarias poderán usar medios de identificación electrónicos alternativos, para o
cal deben iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 20 de xaneiro de 2023.

O período de reclamacións será de tres días hábiles despois da publicación da lista provisoria de candidatos admitidos e excluídos.