FA3

Grupo de I+D centrado en procesamento con láser UV, semiconductores, biomateriales, materiais 2-D, impresión 3-D, caracterización de superficies, interfaces e películas delgadas, e o comportamento «in vitro» de células vivas. Transferencia de resultados e tecnoloxías tanto á comunidade científica como ao mercado de bioenxeñería, nanotecnoloxía e aplicacións fotónicas.

Liñas de investigación

O grupo multidisciplinar «Novos Materiais» foi recoñecido pola Universidade de Vigo e pola Xunta de Galicia como «Grupo de Excelencia». A súa ampla produción científica, froito de acordos contractuais con entidades privadas así como coa Comisión Europea e outras administracións nacionais, rexionais e locais, baséase nas seguintes áreas de investigación:

  • Crecemento e modificación de recubrimentos biocompatibles
  • Produción de cerámicas bioinspiradas para implantes dentais e ortopédicos.
  • Crecemento asistido por láser UV de semiconductores de película fina do grupo IV e recubrimentos dieléctricos para aplicacións en fotovoltaica, microelectrónica e nanoelectrónica, fotónica e biosensores.
  • Investigación sobre a restauración de obxectos artísticos pertencentes ao patrimonio cultural galego e desenvolvemento de procesos avanzados de limpeza con láser.
  • Micro ou nanoestruturación morfolóxica e química de superficies metálicas e poliméricas para células solares, biosensores e implantes de administración de fármacos.
  • Caracterización de películas delgadas, superficies, interfaces e nanoestruturas.
  • Simulación numérica das interaccións entre a radiación láser e os sólidos.

O grupo tamén está a facer un esforzo especial na difusión da investigación e a ciencia para promover na sociedade un mellor coñecemento das súas actividades científicas e tecnolóxicas.
 

IPS

  • Julia Serra Rodríguez
  • Stefano Chiussi
  • Pío González Fernández

 

Información de Contacto

Pío González Fernández

+34 986 8
pglez@uvigo.gal

 

 

Máis información