EQ3

O grupo BIOSUV está composto por varios investigadores da Universidade de Vigo, pertencentes á área de coñecemento da Enxeñería Química con diferente experiencia e perfís complementarios. Estes membros do grupo colaboran como resultado dun interese común no desenvolvemento de novas tecnoloxías de aplicación a diversos sectores industriais, incluíndo o deseño, optimización e innovación en Procesos Químicos, Bioquímicos e Ambientais.

 

Liñas de investigación

Tecnoloxías ambientais

  • Biorremediación: Desenvolvemento de procesos biotecnolóxicos para tratamento de augas residuais industriais (téxtiles, curtido de peles, forestais, etc.) e chans contaminados.
  • Adsorción: desarrollo de tecnología limpia, altamente selectiva y de bajo costo para la remoción de contaminantes orgánicos e inorgánicos, incluyendo la preparación y caracterización de nuevos sólidos adsorbentes (biocarbón) a partir de residuos agroindustriales.
  • Procesos de Oxidación Avanzada: aplicación de tecnoloxías de oxidación química, electroquímicas e fotoquímicas para o tratamento de efluentes e chans contaminados con metais pesados e compostos orgánicos.
  • Novos catalizadores e eléctrodos: preparación de novos catalizadores baseados na síntese de nanopartículas metálicas e bimetálicas, inmobilización sobre superficies de eléctrodos e tecnoloxías baseadas en impresión 3D.

Biotecnoloxía

  • Valorización da lignina: aplicación de tratamento encimático para obter produtos de interese como fungicidas, adhesivos para paneis de madeira ou adsorbentes a partir de refugallos de pulpa de papel.
  • Tecnoloxías encimáticas: e produción de novos metabolitos: produción, caracterización, inmobilización e aplicación de encimas.
  • Biorrefinería: produción e purificación de compostos de alto valor a partir de fungos e algas.

Química verde

  • Sistemas bifásicos acuosos (ABS): desenvolvemento de novas alternativas de extracción para a separación dunha ampla gama de compostos con interese industrial (produtos biolóxicos, …)
  • Líquidos iónicos: deseño de líquido iónico a medida.

 

IPS

  • Mª Asunción Longo González
  • Marta Pazos Currás
  • Diego Moldes Moreira

 

Información de Contacto

Mª Ángeles Sanromán Braga

+34 986 812 383
sanroman@uvigo.gal

 

 

Máis información