actividades

Convocatoria

Desde o día 10 de novembro e ata o 13 de decembro de 2021 estará aberta a convocatoria para participar no CINTECX Challenge 2022, o concurso anual de axudas na modalidade de concorrencia competitiva para o desenvolvemento de proxectos de I+D colaborativos entre os diferentes grupos de investigación integrados no Centro de Investigación de Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais.

Como cada ano, a modalidade de concurso idea+proxecto estará vinculado ao ámbito das Tecnoloxías Industriais sendo de temática libre nesta edición. Con iso buscamos un gran número de proposicións de alto valor por parte dos Grupos de Investigación do centro en forma de proxectos colaborativos. Ademais neste Challenge, a asignación para financiar a implementación da idea gañadora será de 15.000,00 €, computando como prazo para a execución dos proxectos do 01/02/2022 á 31/12/2022.

 

Requisitos das solicitudes

  1. Os integrantes do equipo de investigación deben ser membros do Centro de Investigación de Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (CINTECX) no momento de presentación da solicitude.
  2. Deben contar coa participación de polo menos 2 investigadores, de polo menos dous grupos de investigación de CINTECX (un ou dous dos cales actuarán como IPs) co fin de aumentar o grao de cohesión entre os investigadores do Centro. A proposta deberá contar co visto e prace dos coordinadores dos seus grupos de investigación aos que pertenza o equipo investigador.
  3. A proposta presentada debe estar aliñada coas áreas tecnolóxicas e as liñas prioritarias da axenda científica do CINTECX e contribuír á proxección e visibilidade do centro.

Como xa vén sendo costume, estas accións están contempladas dentro do Plan Estratéxico de CINTECX, axudando no compromiso para o cumprimento dos seus obxectivos estratéxicos. Ademais, un compoñente importante do desafío é chegar á audiencia xeral, polo que os resultados do desafío presentaranse no evento anual denominado “Ciencia Singular” promovido polas autoridades locais.

Resolución

O centro de investigación CINTECX acaba de facer pública a resolución da convocatoria CHALLENGE-2022.

Esta terceira convocatoria tivo tamén unha grande acollida por parte dos investigadores do centro. Presentáronse dúas propostas que involucran a seis dos dez grupos do centro e que contan cunha grande calidade científica e impacto social, unha na liña de aplicación de tecnoloxías para a conservación do patrimonio cultural e outra no ámbito da enxeñería biomédica.

Proxecto

Desenvolvemento de dispositivo biomédico 3D quentable para control antibacteriano.