actividades
 

Convocatoria

O tema seleccionado para a 1ª edición do CINTECX Challenge está motivado polo proceso de dixitalización en curso no sector industrial. Un compoñente importante deste proceso é a creación de réplicas dixitais de entidades físicas vivas e non vivas (é dicir, produto, servizo, sistema, proceso) chamadas “Xemelgos Dixitais”.

 

Condicións das propostas

  • Será presentado polo Investigador Coordinador (CI) do proxecto como representante dos Investigadores Principais (IP) involucrados na proposta.
  • Involucrará un mínimo de 2 Grupos de Investigación do CINTECX ( GR). Valoraranse as propostas con maior número e participación equilibrada de GR
  • Pertencerá a algunha das 5 Áreas Tecnolóxicas de CINTECX
  • Deberá mostrar colaboración máis aló de CINTECX, vinculando a outras persoas ou grupos pertencentes a UVigo (os externos á UVigo serán considerados en base á súa xustificación e fontes de financiamento externas)
  • Presentará un plan de difusión realista, enfatizando o concepto de Ciencia Aberta e dando importancia a chegar á audiencia xeral.
  • Un IP pode participar nunha soa proposta por edición
  • Valorarase a colaboración entre Grupos que non teñan participado previamente en actividades comúns (p.e. proxectos, publicacións, etc.)
  • Valorarase a presentación dun plan de cofinancimento coa participación de terceiros para a execución da proposta.
  • Apuntará aos sectores industriais estratéxicos de Galicia

Asignación de fondos

A 1ª edición do CINTECX Challenge contará cun financiamento de 25.000 € para a idea+proxecto gañadora.

Os detalles do financiamento seguirán as prácticas habituais do CINTECX e da UVigo.

Resolución

O centro de investigación CINTECX fixo pública a resolución da convocatoria CHALLENGE-2020.

Grazas a proposta gañadora, o Cintecx, Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo, converterase antes de finais do 2020 no primeiro edificio da Universidade de Vigo cun xemelgo dixital, unha réplica virtual realizada a imaxe e semellanza do propio edificio, o que facilitará o control en tempo real da calidade do aire do interior das instalacións, incluíndo parámetros como os niveis de dióxido de carbono, temperatura, humidade ou gas radon, factores clave para garantir as cuestións relacionadas coa saúde e a eficiencia enerxética destas instalacións.