A industria galega entrega preto de 10.000 pantallas protectoras aos servizos sanitarios

Hai menos dunha semana que botaba a andar Escudocovid19, unha iniciativa popular que une provedores de materia prima e ferramentas, centros de produción e medios loxísticos de toda España para producir pantallas protectoras fronte ao coronavirus. Nestes poucos días xa se uniron empresas de todo o país, 15 delas en Galicia, baixo a coordinación da Universidade de Vigo e Asime e xa se fixeron as primeiras entregas de material. En total, xa se puxeron a disposición dos servizos sanitarios 9700 pantallas. Este mesmo martes entregáronse 4800, das cales 2100 foron para o Hospital Álvaro Cunqueiro e outras 2700 para a Delegación de la Xunta para súa distribución. Estas súmanse ás 3470 unidades doadas onte luns, 2100 delas ao Hospital Álvaro Cunqueiro, 150 ao centro de maiores de Barreiro, 150 ao centro de maiores de Meixoeiro, 150 ao Hospital de Fátima, 300 a Povisa e 900 na Delegación da Xunta en Vigo para que sexan distribuídas pola administración segundo as necesidades. Anteriormente, o sábado xa se entregaron 1430 unidades, 600 para o Hospital Álvaro Cunqueiro, 300 para DomusVI Barreiro, 300 para a residencia de maiores do Meixoeiro e 230 para o CAP de Chapela.

O tecido industrial galego, comprometido coa iniciativa
A Plataforma Galicia-Escudocovid19.org naceu no marco da iniciativa española EscudoCovid19, cuxo obxectivo é mobilizar capacidades económicas e produtivas para fabricar, de xeito áxil e accesible en grandes cantidades, unha ampla variedade de equipos como mascarillas, pantallas, vestiario plástico, desinfectantes, respiradores e lavadoras de utensilios. Todos estes equipos estarán destinados a persoal sanitario; residencias, coidadores e demais servizos para sanitarios; forzas de seguridade, almacéns e transportistas; traballadores do sector agroalimentario e operarios do sector industrial que deban manter a súa actividade, especialmente nas áreas consideradas esenciais.