Oferta contrato posdoutoral no grupo GTE

Número de prazas: 2
Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo
Xornada: Completa (40 horas semanais)
Duración 6 meses iniciais con posibilidade de prórroga
Data prevista de inicio 01/01/2022
Remuneración: 1670 €
Lugar de traballo: Cintecx

Proxecto «Experimental and numerical research into the thermal behavior of laser-microtextured surfaces to improve the cooling of batteries and electronic components in electric vehicles (μSTHERM). Proxectos de I+D+i 2020».

Requisitos e perfil do solicitante

  • Doutor nunha enxeñería do ámbito industrial, enxenería aeroespacial, enerxía e minas ou física.
  • Experiencia en simulación numérica en problemas de fluxos con transferencia de calor.

Funcións do posto

  • Participar no desenvolvemento dunha ferramenta de simulación CFD capaz de reproducir, capturar, mostrar e predecir a ebulición do fluxo sobre o rango experimental, as morfoloxías e as aplicacións obxecto da aprendizaxe.

Documentación a presentar

  • Curriculum vitae.

Lugar de presentación da documentación

  • A documentación deberase enviar ao enderezo de correo electrónico cintecx@uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Comité de selección

  • Unha Comisión formada por tres membros do grupo de investigación será a encargada do proceso selectivo (María Concepción Paz, José Luis Miguez Tabarés e Eduardo Suarez Porto).
  • A comisión poderá convocar aos candidatos con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.
  • O comité configurará unha lista de agarda coas persoas que superen a puntuación que se fixe como mínima para seren consideradas aptas. No caso de que considere que ningunha persoa candidata cumpre os requisitos mínimos esixidos, a praza poderá declararse deserta.

Data límite de recepción de candidaturas: 06 de decembro de 2021 ás 21:00 horas.