0722-93727 Contrato predoutoral proxecto ResiHOSP AOP

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4)
Xornada: Tempo completo (37,5 h/semana)
Data probable de inicio A partir da resolución da convocatoria deste contrato. A data de inicio prevista pode sufrir modificacións en función da data de resolución de adxudicación do contrato.
Duración do contrato 21,5 meses. A duración do contrato pode sufrir modificación en función da data de resolución de adxudicación do contrato e/ou da duración da actividade/proxecto de investigación.
Salario bruto mensual 1.415,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Lugar de traballo: Grupo BIOSUV CINTECX, Universidade de Vigo
Referencia do proxecto: PID2020-113667GB-I00 – Proxecto ResiHOSP AOP. Redución do impacto ambiental e sanitario de efluentes hospitalarios mediante oxidación avanzada: innovación no ecodeseño de catalizadores e electrodos multifuncionais.
Proxecto PID2020-113667GB-I00 financiado por MCIN/ AEI /10.13039/501100011033

Contratación dun doutorando para o proxecto ResiHOSP AOP

Traballo a realizar

A persoa seleccionada realizará a tese doutoral no laboratorio do grupo BIOSUV no marco do proxecto Resihosp.

Requisitos

  • Formación académica: Grao Enxeñería Química, Grao en Química, Grao en Cc Ambientais, Grao Bioloxía, + Mestrado 60ECTS

Méritos a valorar

  • Formación académica, idiomas estranxeiros (imprescindible inglés), estadías e outros méritos (30 puntos)
  • Formación específica para o proxecto, experiencia acreditable, méritos investigadores (60 puntos).
  • Entrevista persoal en caso de empate item 1 e 2 (10 puntos). Só se realizará as persoas que na suma dos méritos obteñan un mínimo de 50 puntos.

Comité avaliador

  • Presidente: Marta Pazos Currás, Universidade de Vigo.
  • Secretario: Emilio Rosales Villanueva, Universidade de Vigo.
  • Membros: Ángeles Sanromán Braga, Universidade de Vigo.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 4 de novembro de 2022.

O período de reclamacións será de tres días hábiles despois da publicación da lista provisoria de candidatos admitidos e excluídos.