Contrato de investigación predoutoral BIOSUV

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo
Duración: 6 meses
Prórroga Posibilidade de prórroga durante a vida do proxecto (3 anos)
Remuneración: 1.250 EUR. mensuais brutos
Lugar de traballo: EE Forestal (Pontevedra)

Contrato de investigación predoctoral para desenvolver liñas de investigación enfocadas á xestión integral de incendios forestais e patrimonio cultural baixo o proxecto: strong>PALEOINTERFAZ: elemento estratéxico na prevención de incendios forestais. Desenvolvemento de metodoloxías de análises 3D e multiespectral para a xestión integrada (PID2019-111581RB-I00)

Requisitos e perfil do candidato

  • Nivel de estudos requirido: Enxeñería e Mestrado.
  • Titulacións preferentes: Licenciado en Enxeñería Forestal e afíns, Licenciado en Enxeñería Informática e afíns.
  • Formación complementaria: coñecementos de programación.
  • Nivel mínimo de inglés: equivalente a B2 ou superior.

Selección

  • O proceso de selección consistirá na valoración do CV e a experiencia e habilidades do candidato, e unha entrevista persoal se é necesario.
  • Será resolvido por un comité formado polos responsables do proxecto.

Documentación

  • Expediente académico.
  • Currículum vítae.

Lugar de presentación

  • As persoas interesadas deberán enviar o seu CV completo e copia do expediente académico (formato pdf) á seguinte dirección de correo electrónico: julia@uvigo.es.

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 04 de marzo de 2021.