Contrato de Investigación. Grupo Xeotecnologías Aplicadas

Número de prazas: 1
Duración 6 meses iniciais, prorrogables ata 3 anos orientado ao desenvolvemento de tese doutoral
Remuneración: Retribución bruta mensual para o ano 2022: 1400 €
Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo.

Proxecto “Massive Geospatial Data Storage and Processing for Intelligent and Sustainable Urban Transportation (MaGIST)” do programa «Proxectos I+D+i» 2019 – Modalidade «Retos Investigación»

Requisitos e perfil do candidato

  • Formación/coñecementos: Enxeñeiro/Mestrado en titulacións relacionadas coa enxeñería civil, industrial, telecomunicacións, e informática.
  • Nivel mínimo de inglés: equivalente a B2 ou superior.

Funcións

  • Desenvolver liñas de traballo orientadas á automatización do procesamento de datos xeoespaciais

Criterios de selección

  • O proceso selectivo consistirá na valoración do CV e da experiencia e capacidades do candidato/a, e nunha entrevista persoal de ser necesario. Será resolto por unha comisión formada polos responsables do proxecto.
  • A comisión poderá convocar aos candidatos e ás candidatas con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.
  • No caso de que o comité de avaliación considere que ningunha persoa candidata cumpre os requisitos mínimos esixidos, a praza poderá declararse deserta.

Comisión de selección

  • O proceso selectivo será resolto por unha comisión formada polos responsables do proxecto.

Documentación a presentar

  • Curriculum vitae completo.
  • Copia expediente académico (formato PDF).

Lugar de presentación da documentación

  • A documentación deberá enviarse ao correo electrónico: lucia@uvigo.es.

Data límite de recepción de candidaturas: 30 de outubro de 2021.