CINTECX 0120 Knowledge Transfer and R&D manager

CintecxNovasCINTECX 0120 Knowledge Transfer and R&D manager

CINTECX anuncia a apertura de convocatoria para a cobertura temporal dunha praza de xestor.

DESCRICIÓN DO POSTO

Contrato a xornada completa (37,5 horas semanais) e un salario bruto de 2.299,52 €/mensuais.

DATA PECHE DE CONVOCATORIA

A data tope para o envío de solicitudes será o 22 de xaneiro de 2020

PROCESO DE SELECCIÓN E RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA

Ao final do periodo de presentación de candidaturas, todos os candidatos serán informados da lista preliminar de solicitudes admitidas. A partir do día da publicación da lista preliminar abrirase un periodo de 3 días para a subsanación das causas de exclusión.

Ao final do periodo de reclamación publicarase a lista final de persoas admitidas e excluídas.

A comisión de selección encargada da avaliación dos méritos presentados polos candidatos estará formada polo equipo de dirección e investigadores do CINTECX.

A avaliación das solicitudes será realizada pola comisión de selección de acordo aos seguintes criterios de avaliación:

  • Curriculum vitae (75%)
  • Entrevista persoal (25%)

Fase 1: Valoración do curriculum
Fase 2: Entrevista

Despois de completar a Fase 1, a comisión convocará aos candidatos co perfil adecuado para unha entrevista.

Ao finalizar o proceso de selección, notificaranse os resultados preliminares e establecerase un prazo de reclamación de 3 días. Unha vez que as reclamacións fosen consideradas ou transcurrido o prazo, a comisión de selección notificará os resultados finais.

En caso de que o Comité de Selección considere e motive que ningún dos candidatos compre cos requisitos da oferta de traballo, poderá declarar deserto o proceso de selección.

Máis información na seguinte